Sempre estamos interesados en recibir material para a
súa posible edición.
Peter Russell - Anti-copyright Para facer un pedido, tanto de discos editados por Taumaturgia como por calquera dos selos que distribuimos, só tes que enviar un e-mail cos teus datos (dirección de envío e EMAIL) e os discos que queres á dirección pedidos@taumaturgia.com. Despois de reservar os discos e calcular os gastos de envío mandarémosche un e-mail para confirmar o prezo final. O pago efectuarase a través de Paypal. DistribuciónOs discos de Taumaturgia están dispoñibles tamén a través dos seguintes distribuidores: Se queres recibir os nósos boletíns informativos coas actualizacións da lista de discos en distribución e as novidades de Taumaturgia, envíanos un e-mail en branco co asunto "subscribir novidades" a listas@taumaturgia.com
Taumaturgia
Distribución Arto Artian
Akauzazte
Akauzazte
Akauzazte
Akauzazte
Atanas Akerstra
Do
Eten
La Grieta
Josetxo Grieta
Gutural/Gutariko Bat/Akauzazte
VVAA
Baba Llaga
No More Music
Mattin & Taku Unami
Deflag Haemorrhage/Haien Contra
Do
Edorta Izarzuzaga
Belaska
Sakada
Xabier Erkizia
Akauzazte Danok
Billy Bao
Tzesne
Miguel A. García
Miguel A. García
Josetxo Grieta Appel Music
Dan Warburton w.m.o./r
Taku Unami & Mattin
"
" [sic]
Matthieu Saladin
Zaimph
MB
Michel Henritzi
MB
Bruce Russell
David Chiesa, Jean-Luc Gionnet, Lionel Marchetti &
Jerome Noetinger
Hinyouki
Julien Ottavi
Mark Wastell
Heliogabalus
Bruce Russell
Tomas Korber
Taku Sugimoto, Yasuo Totsuka & Mattin
Taku Unami
Keith Rowe & Seymour Wright
Loïc Blairon
Ray Brassier, Jean-Luc Guionnet, Seijiro Murayama,
Mattin Free Software Series
Julien Skrobek
Tim Blechmann
Hometown Feilding
The Noisier (aka Julien Ottavi)
Pato
Taku Unami
Olaf Hochherz
Loty Negarti Absinth Records
Axel Dörner / Robin Hayward
Michael Renkel Manual distribution
Hong Chulki Étude Records
Alfredo Costa Monteiro
Ferrán Fages
Jose Luis Redondo Presqu'île Records
Mitsuhiro Yoshimura, Masahiko Okura
Mitsuhiro Yoshimura, Toshiya Tsunoda, Taku
Sugimoto Esquilo Records
Tomas Korber, Utah Kawasaki Hibari Music
Robin Hayward, Rhodri Davies, Taku Unami
Rhodri Davies, Ko Ishikawa
Takahiro Kawaguchi
Veliotis, Sugimoto, Kinoshita, Unami Black Petal
La Grieta Acerca
de Nós
Catálogo
e Pedidos
Saldo de verán ata o 15 de agosto Para conseguir fondos para as próximas edicións de Taumaturgia, comezamos un saldo de verán que durará ata o 15 de Agosto. 5 € máis envío para cada título de Taumaturgia ou 12 € máis envío se pides os tres que quedan. Tamén se inclue no saldo unha selección dos títulos distribuido, o máis deles rebaixados ata os 5 €. Bótalle un ollo ao nóso catálogo e compróbao por ti mesmo. Ryu Hankil e John Tilbury na Coruña en febreiro O próximo mes de febreiro celebraranse dous concertos máis do Festival SiSal extensión Fase na da Coruña. O primeiro será o sábado 13, un trío composto por Ryu Hankil, Roberto Mallo e Miguel Prado. O segundo terá lugar o domingo 21 e correrá a conta do pianista inglés John Tilbury. Ámbos serán ás 21.30 e a entrada será libre. Máis información a través da páxina da AC Fase. Novo disco editado por Taumaturgia: Becoming Typewriter Dende xa pódese mercar ou descargar o novo CD-R editado por Taumaturgia: Becoming Typewriter de Ryu Hankil. Para máis información sobre o disco e os enlaces de descarga botádelle un ollo ao nóso catálogo. Ruido & Capitalismo en A Coruña O próximo día 23 de outubro terá lugar na Fundación Luis Seoane da Coruña unha xornada sobre o libro Ruido y Capitalismo, unha obra colaborativa editada por Arteleku. Contará coa participación de Mattin, un dos autores do libro. Os textos a debatir pódense descargar dende esta páxina: Anti-Copyright de Mattin e Prisioneros de la tierra, ¡salid! de Howard Slater. Máis información na páxina da AC Fase. Preparando un novo disco Nestes momentos estamos a preparar a edición dun novo disco, desta volta será unha gravación do koreano Ryu Hankil titulada Becoming Typewriter. Tamén compre comunicar que esgotamos as copias do disco de Volontè, se queredes conseguilo dirixídevos a un dos nósos distribuidores. Sonrisas Vendo-¿Dónde nos llevan? esgotado O disco de Josetxo Grieta esgotouse, polo que se quederes escoitalo só queda a posibilidade da descarga ou conseguilo dalgún dos nósos distribuidores. Novos discos á venda en Taumaturgia Xa podedes pedir directamente a través da nósa páxina os dous novos títulos de Taumaturgia: Double-entendre de Julien Skrobek e Goat vs Donkey de Radu Malfatti e Taku Unami. Máis información e prezos no nóso catálogo Próximos lanzamentos e novidades en distribución Novo ano e novidades taumatúrgicas. Comezamos coa preparación dos nósos próximos lanzamentos, previstos para mediados de febreiro. Serán dous CD-R, o primeiro será Double-entendre de Julien Skrobek e xunto a él Goat vs donkey, gravación do concerto que o pasado 28 de novembro ofreceron Radu Malfatti e Taku Unami na Coruña. Ademais, hai un grande número de novidades no catálogo de distribución: o triple CD-R 3D que documenta un concerto do saxofonista Seymour Wright xunto a Keith Rowe dende tres puntos de vista, editado por w.m.o/r; as últimas referencias de Free Software Series, que inclúen o disco Dios aborrece una singularidad desnuda de Miguel Prado ademais de discos deJulien Ottavi e Pato entre outros; tamén engadimos o último disco dos Billy Bao, Dialectics of Shit ao catálogo de distribución. O maior número de novidades proveñen da adición de tres novos selos á nosa lista de distribuidos: The Manual (Korea), Étude Records e o recén nacido Appel Music (Francia). Todos estes discos xa se poden pedir a través desta páxina (no catálogo). Novos discos de Volontè e Josetxo Grieta Xa están dispoñibles os novos discos de Volontè e Josetxo Grieta, ambos en edición limitada de 100 unidades. Ademais, a partir de agora todos os discos editados por Taumaturgia estarán dispoñibles para descargar en formato ogg de forma gratuíta. Podes encargalos ou descargalos (ou as dúas) a través do nóso catálogo. Adeus Josetxo Josetxo Anitua, membro de
Josetxo Grieta e Cancer Moon morreu
onte. Novidades de distribución e recorte de prensa Máis novidades na lista de distribución de Taumaturgia, desta volta son un total de catro novos títulos do selo alemán Absinth:
Todos son edicións limitadas de 500 copias con portadas totalmente
artesanais. Distribución do catálogo de w.m.o/r Aumenta o número de títulos que distribuimos, xa que temos todas as referencias dispoñibles actualmente dos selos w.m.o/r e Free Software Series de Mattin. Discos de Bruce Russell, Mark Wastell, Mattin, Thomas Korber, Julien Skrobek e moitos máis. Podes consultar toda a información sobre cada referencia no catálogo. Máis novidades no catálogo de distribución Continuamos coas novidades en distribución e tamén estas dúas veñen da man de Mattin. A primeira é un dobre CD de " " [sic] Goldie "ABJECTOR" [sic] (aka Tim Goldie) batería membro de Deflag Haemorrhaghe / Haien Kontra lanzádose a solo. O segundo título é a segunda referencia do novo selo Free Software Series creado por Mattin para a publicación de traballos realizados empregando únicamente programas libres; trátase de Frutamental de Kakofunk. Información ampliada no nóso catálogo. Novo punto de venta dos discos de Taumaturgia. Xa está á venta o disco Vribación de Rafael Mallo na librería do Centro Galego de Arte Contemporátea (CGAC) en Santiago de Compostela. Concerto en Santiago de Compostela Miguel Prado e máis Roberto Mallo actuarán o próximo xoves 17 na Galería DF de arte contemporánea en Santiago de Compostela (Rúa de San Pedro 11). O concerto comezará ás 21.00 horas e o prezo da entrada é de 3 €. Novidades no catálogo Novos títulos en distribución no catálogo de Taumaturgia. Os dous veñen da man da conexión vasco-berlinesa do agent provocatèur Mattin que nos pasou dúas das súas últimas referencias: o dúo con Taku Unami Attention e o EP dos Billy Bao, Fuck Separation. Ambos están dispoñibles para pedir no catálogo. Estrea da web Benvidos á páxina web de Taumaturgia. Aquí podedes encargar os discos editados por nós e tamé os que temos en distribución, limitados polo momento ao catálogo de arto.artian do que tamén formamos parte. O nóso primeiro lanzamento é o primeiro disco a solo do batería Rafael Mallo, para máis información consultade o catálogo. Para calquer comentario ou consulta podedes escribirnos a contacto@taumaturgia.com. Novas
|